Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Medio Rural e o Concello de Leiro avanzan no impulso do polígono agroforestal deste municipio ribeirao

2, Decembro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, recibiu esta tarde no seu despacho de San Caetano ao alcalde de Leiro, Francisco Fernández. A reunión serviu para avanzar, entre outros asuntos, no desenvolvemento do polígono agroforestal de Barzamedelle, situado neste concello ribeirao e que suporá a recuperación de máis de 145 hectáreas.

A conselleira puxo en valor que a día de hoxe xa se rozaron máis de 73 hectáreas neste polígono, para xestionar as acacias, e tamén que están moi avanzados os labores de investigación da propiedade.

Actualmente, esta iniciativa atópase na fase de redacción do proxecto básico, un documento técnico que elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha vez que se produciu a declaración de utilidade pública do polígono.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/medio-rural-e-o-concello-de-leiro-avanzan-no-impulso-do-poligono-agroforestal-deste-municipio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-e-o-concello-de-leiro-avanzan-no-impulso-do-poligono-agroforestal-deste-municipio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-e-o-concello-de-leiro-avanzan-no-impulso-do-poligono-agroforestal-deste-municipio [3] whatsapp://send?text=Medio Rural e o Concello de Leiro avanzan no impulso do polígono agroforestal deste municipio ribeirao http://copecarballino.es/novas/medio-rural-e-o-concello-de-leiro-avanzan-no-impulso-do-poligono-agroforestal-deste-municipio [4] http://copecarballino.es/print/67906