Desenrolado por coroa.es
Unanimidade no Parlamento de Galicia, cunha ausencia e polo tanto 74 votos a favor da proposición non de lei presentada polo grupo do Partido Popular e defendida polo deputado carballiñés Argimiro Marnotes e para "instar á Xunta á que esixa do Goberno do Estado a execución de accións inmediatas de mellora da N-541 para reducir a alta sinistralidade desta via, adaptando a mesma ás necesidades do tráfico, asi como dos habitantes dos núcleos de poboación polos que decorre".
O acordo unánime do Parlamento de Galicia, que contou ademáis do PP, o apoio dos grupos parlamentarios do BNG e PSdeG e o único deputado de Democracia Orensana, tamén recolle a petición de que se realice un estudio de viablidade que contemple a construción dunha autovia ou vía de alta capacidade entre O Carballiño e Pontevedra.
O Parlamento Galego apoiou asi as reivindicacións do Pacto de Pedre, que integran os concellos de Punxín, Maside, O Carballiño, Boborás, O Irixo, Beariz, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra, e que tamén conta co apoio das Deputacións de Ourense e Pontevedra.
Escoita aquí a intervención de Argimiro Marnotes:
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-parlamento-de-galicia-aproba-por-unanimidade-unha-proposicion-non-de-lei-para-instar-xunta
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-parlamento-de-galicia-aproba-por-unanimidade-unha-proposicion-non-de-lei-para-instar-xunta
[3] whatsapp://send?text=O Parlamento de Galicia aproba, por unanimidade, unha proposición non de lei para instar á Xunta á que esixa do Goberno de España a mellora inmediata da N-541 http://copecarballino.es/novas/o-parlamento-de-galicia-aproba-por-unanimidade-unha-proposicion-non-de-lei-para-instar-xunta
[4] http://copecarballino.es/print/67973