Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > As continuas deficiencias na calidade da subministración eléctrica na zona urbana do Carballiño suman xa máis de 2 semanas. O concello xa expresou a naturgy o malestar por esta problemática.

30, Decembro 2024 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os continuos microcortes da rede eléctrica que están a rexistrarse no suminstro dende fai maís de dúas semanas e que veñen afectando a unha ampla zona do casco urbano do Carballiño foron motivo de queixa xeralizada por parte da audiencia desta emisora de radio.

As deficiencias xa provocaron danos en vivendas e mesmo en instalacións industriais na área emrpesarial do Carballño, e foron numerosos os ointes de COPE O carballiño que demandaron unha intervención por parte do concello carballiñés para esixir da emrpesa submistradora unha solución inmediata a esta problemática, que radica nas bruscas variacións da voltaxe na rede electrica que abastece á vila do Carballiño.

O concelleiro de Seguridade e Emerxencias do concello Carballiñés, Alberto Otero trasladou este malestar veciñal ao delegado provincial de Naturgy. Escoita aquí a entrevista en COPE O Carballiño:

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/continuas-deficiencias-na-calidade-da-subministracion-electrica-na-zona-urbana-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/continuas-deficiencias-na-calidade-da-subministracion-electrica-na-zona-urbana-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/continuas-deficiencias-na-calidade-da-subministracion-electrica-na-zona-urbana-do-carballino [3] whatsapp://send?text=As continuas deficiencias na calidade da subministración eléctrica na zona urbana do Carballiño suman xa máis de 2 semanas. O concello xa expresou a naturgy o malestar por esta problemática. http://copecarballino.es/novas/continuas-deficiencias-na-calidade-da-subministracion-electrica-na-zona-urbana-do-carballino [4] http://copecarballino.es/print/68018