Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concello e Xunta analizan actuacións conxuntas entre ambas administracións para o municipio.

11, Xaneiro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde, Francisco José Fumega, supervisou as obras de rehabilitación dun edificio de vivendas públicas no Carballiño, nas que a Xunta inviste preto de 80.000 euros.

As obras levadas a cabo no edificio, que consta de 64 vivendas e que teñen un prazo de execución de 2 meses, consisten na reparación do revestimento dos patios interiores e dos paramentos do garaxe, mediante a súa limpeza e aplicación dunha pintura impermeable. Estes traballos entrarían como actuacións de habitabilidade que proporcionan ao edificio estanquidade fronte á choiva e a humidade. Por outra parte, engádense obras de pintado dos teitos, dos garaxes e das varandas exteriores.

Reunión co alcalde

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, aproveitou a súa estadía no concello para manter un encontro co alcalde Francisco José Fumega e coñecer de primeira man as necesidades do municipio. Asi, entre as prioridades abordadas nesta reunión está a construcción do novo Centro Integral de Saúde do Carballiño. Nesta reunión tamén estivo presente o tenente alcalde Pepe Castro-Gil.

Nesta visita institucional de Manuel Pardo a O Carballiño, o delegado territorial tamén se achegou á Avenida do Arenteiro,onde estes dias atrás executouse a obra de demolición dunha edificación que estaba ubicada nas Barcias, e solo verde, e coñeceu as intencións municipais para a redacción dun plan de ordenación para o parque municipal.

Manuel Pardo trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello”.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-analizan-actuacions-conxuntas-entre-ambas-administracions-para-o-municipio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-analizan-actuacions-conxuntas-entre-ambas-administracions-para-o-municipio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-analizan-actuacions-conxuntas-entre-ambas-administracions-para-o-municipio [3] whatsapp://send?text=Concello e Xunta analizan actuacións conxuntas entre ambas administracións para o municipio. http://copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-analizan-actuacions-conxuntas-entre-ambas-administracions-para-o-municipio [4] http://copecarballino.es/print/68073