Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Obras ben feitas... Outra máis

8, Febreiro 2025 [1] [2] [3] [4]

Quero denunciar o estado da rúa Caravel (entre a San Cibrao e Aquilino Sánchez), recentemente pavimentada con lousa de pedra moi bonita. Non ten moito máis dun ano coa obra rematada. Pois ben, a maioría das lousas están soltas, algunhas rotas e outras levantadas. Cando pasas co coche parece que vas tocando o tambor.

Non estaría de mais que os nosos gobernantes esixiran á empresa contratista e os técnicos encargados do proxecto a reparación deste desastre, antes de que remate a garantía. Igual ese pavimento non é o máis idóneo para a circulación de vehículos (e eso que por alí non pasan moitos).

E senón, se é moita molestia, deixar correr o tempo e anotar unha máis no libreto das chapuzas realizadas últimamente no Carballiño, e en dous anos máis botámoslle asfalto por enriba e listo.

Saúdos

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/obras-ben-feitas-outra-mais

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/obras-ben-feitas-outra-mais [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/obras-ben-feitas-outra-mais [3] whatsapp://send?text=Obras ben feitas... Outra máis http://copecarballino.es/denunciacidada/obras-ben-feitas-outra-mais [4] http://copecarballino.es/print/68193