Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello do Irixo reorganiza o organigrama municipal cun amplo consenso da corporación.

12, Febreiro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O pleno de reorganización, primeiro que celebra a corporación do Irixo tras a moción de censura do pasado mes de xaneiro que destituíu a Susana Iglesias e proclamou como nova alcaldesa a Rosa Mª Dalama, puxo de manifesto unha nova maioría á hora das votacións dos puntos da órde do dia, e que é a que suman as dúas concelleiras do grupo de non adscritos, o grupo popular -catro concelleiros- e o concelleiro Juan Manuel Villanueva.

Asi, a corporación aprobou a modificación da periodicidade das sesións plenarias, que pasan a ter carácter trimestral no concello do Irixo.

Quedaron nomeados os representantes da corporación en distintos Órganos Colexiados, en concreto para Mancomunidade de Concellos do Carballiño, ademáis da alcaldesa foi elixido o concelleiro Juan Manuel Villanueva. 

Finalmente, o punto relativo á composición dos grupos políticos suscitou controversia no que respecta ao grupo de Xuntos polo Irixo, que integran Susana Iglesias e Tamara Cibeira, pero que tamén reivindica pertenecer ao mesmo Juan Manuel Villanueva. Onde non hai dúbidas é nos outros dous grupos, o do Partido Popular, e o grupo das non adscritas integrado polas dúás concelleiras apartadas do grupo socialista, Rosa María Dalama e Dolores Fariñas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-reorganiza-o-organigrama-municipal-cun-amplo-consenso-da-corporacion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-reorganiza-o-organigrama-municipal-cun-amplo-consenso-da-corporacion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-reorganiza-o-organigrama-municipal-cun-amplo-consenso-da-corporacion [3] whatsapp://send?text=O concello do Irixo reorganiza o organigrama municipal cun amplo consenso da corporación. http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-reorganiza-o-organigrama-municipal-cun-amplo-consenso-da-corporacion [4] http://copecarballino.es/print/68214