Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común entrega no rexistro municipal do concello "a documentación que demostra o escándalo do contrato da auga", afirman.

13, Febreiro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Nun comunicado difundido tras presentar a documentación no rexistro municipal, manifestan que "a pesares de que pode que esteamos ante o maior escándalo na historia democrática do Concello do Carballiño ao quedar demostrado que algúns representantes públicos pretendían manipular o contrato dos 60 millóns de euros da auga, tanto o goberno PP-PSOE do Carballiño coma a Deputación de Ourense seguen sen dar unha soa explicación á cidadanía".

Recordan que "xa pasaron 6 días dende a denuncia de Espazo Común acreditando que hai técnicos nomeados polo alcalde do Carballiño a proposta do presidente da Deputación que teñen intereses compartidos cunha empresa que participa no concurso".

Espazo Común considera "dunha gravidade extrema que, a estas alturas, ninguén saíra a dar respostas aos veciños sobre o que semella unha trama organizada para teledirixir este proceso".

"Os membros do Grupo Municipal de Espazo Común vimos de rexistrar a documentación que acredita estes feitos para que se tomen as medidas oportunas con urxencia", subliñan. E advirten que "de non ser así, valoraremos outras alternativas. Entre elas, acudir aos xulgados".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-entrega-no-rexistro-municipal-do-concello-documentacion-que-demostra-o-escandalo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-entrega-no-rexistro-municipal-do-concello-documentacion-que-demostra-o-escandalo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-entrega-no-rexistro-municipal-do-concello-documentacion-que-demostra-o-escandalo [3] whatsapp://send?text=Espazo Común entrega no rexistro municipal do concello [4] http://copecarballino.es/print/68220