Desenrolado por coroa.es
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta as obras da futura residencia municipal de maiores de Piñor, un centro ao que a Xunta destina 1,2M€ e que contará con 41 prazas. No percorrido polas instalacións, o xerente estivo acompañado polo alcalde de Piñor, José Luis González.
Esta actuación forma parte do Plan de Investimentos de 18,5M€ acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e co que a Xunta financia unha vintena de proxectos de mellora, reforma ou construción de residencias e centros de día de titularidade municipal. O obxectivo principal deste Plan é dotar aos concellos máis rurais e con menor poboación de servizos de atención aos maiores. No caso de Piñor, o Goberno galego financia o 70% das obras mentres que o resto do investimento corre a cargo da Deputación de Ourense.
O proxecto de Piñor consiste na modificación e ampliación das instalacións que ata agora ocupaban un centro social. Con esta actuación dotarase ao concello de 41 prazas residenciais para persoas maiores. Perfecto Rodríguez destacou que o Plan de Investimentos en centros de atención residencial e diúrna de titularidade municipal supón un impulso histórico da Xunta á rede galega de atención e coidado a maiores. Así mesmo, fixo fincapé en que o Executivo galego financiará parte das obras con fondos europeos Next Generation do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-supervisa-obras-da-residencia-municipal-de-maiores-do-concello-de-pinor-que-tera-41
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-supervisa-obras-da-residencia-municipal-de-maiores-do-concello-de-pinor-que-tera-41
[3] whatsapp://send?text=A Xunta supervisa as obras da residencia municipal de maiores do concello de Piñor, que terá 41 prazas. http://copecarballino.es/novas/xunta-supervisa-obras-da-residencia-municipal-de-maiores-do-concello-de-pinor-que-tera-41
[4] http://copecarballino.es/print/68295