Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Transportes licita un novo estudio informativo de impacto ambiental para a liña directa do AVE a Vigo, que percorrería pola comarca do Carballiño.

15, Abril 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible licitou por 998.400 euros (IVE incluído) un contrato de servizos para a redacción do estudo informativo complementario para tramitar a avaliación de impacto ambiental da variante ferroviaria de Cerdedo, publicado hoxe na Plataforma de Contratación, co obxectivo de mellorar a conexión ferroviaria de Ourense con Pontevedra e Vigo.

Dentro do territorio da comarca do Carballiño, o traxecto previsto tocaría algo ao concello de Boborás, na parroquia do Regueiro, continuaría a través dos concellos do Irixo e  O Carballiño, para a súa conexión coa liña de alta velocidade de Santiago de Compostela, via Ourense.

Este estudo dá continuidade aos traballos xa realizados para a execución dun tramo ferroviario que mostrou ter unha gran complexidade técnica, particularmente no que se refire á hidroxeoloxía. Búscase incorporar e completar as análises realizadas e adaptalo aos cambios normativos que tiveron lugar nos últimos anos. O obxectivo é someter a actuación a información pública e audiencia, de acordo con a normativa sectorial, así como á avaliación de impacto ambiental á que obriga a lexislación ambiental.

Para iso, inclúense dúas actuacións fundamentais:

1. Unha campaña xeolóxica e geotécnica que completará as investigacións anteriores e garantirá que a documentación para a avaliación ambiental conte con toda a información necesaria.

2. E a redacción do estudo informativo complementario, no que se describirá a solución técnica xa definida, adaptada á normativa actual e incorporando tanto as análises previas como os resultados da nova campaña geotécnica, coa inclusión do estudo de impacto ambiental, conforme aos requirimentos legais actuais.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/transportes-licita-un-novo-estudio-informativo-de-impacto-ambiental-para-lina-directa-do-ave

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/transportes-licita-un-novo-estudio-informativo-de-impacto-ambiental-para-lina-directa-do-ave [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/transportes-licita-un-novo-estudio-informativo-de-impacto-ambiental-para-lina-directa-do-ave [3] whatsapp://send?text=Transportes licita un novo estudio informativo de impacto ambiental para a liña directa do AVE a Vigo, que percorrería pola comarca do Carballiño. http://copecarballino.es/novas/transportes-licita-un-novo-estudio-informativo-de-impacto-ambiental-para-lina-directa-do-ave [4] http://copecarballino.es/print/68495