Desenrolado por coroa.es
Son moitísimos os veciños e veciñas deste pobo que cada día se dirixen a nós con multiples queixas por culpa dun Concello desnortado e que castiga co abandono e o desleixo á meirande parte dos mesmos.
Semellaba case imposible pero a entrada do PP no goberno xunto co PSOE só fixo que empeorar a situación.
11 concelleiros, case 200.000 euros en soldos e dietas e ningún deles é quen de garantir uns mínimos en servizos tan básicos coma a limpeza viaria.
Anuncios, fotos e fume a domicilio temos o que queremos e máis pero a realidade é a que padecemos cada día os que vivimos aquí.
Sirva como exemplo a rúa Castelao, na contorna dos Catro Camiños. Unha zona densamente poboada e das de maior crecemento dos últimos anos que está no estado que acreditan as fotos que nos fan chegar varios veciños da zona.
Dende aquí demandamos ao goberno PPSOE que se deixen de darse autobombo con anuncios vacuos e que se poñan a traballar polo menos no básico.
Asdo: Espazo Común, Concello do Carballiñoo
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/de-espazo-comun-sobre-falta-de-limpeza-na-rua-castelao-e-outras-ruas-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/de-espazo-comun-sobre-falta-de-limpeza-na-rua-castelao-e-outras-ruas-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=De Espazo Común sobre a falta de limpeza na rúa Castelao e outras rúas do Carballiño. http://copecarballino.es/denunciacidada/de-espazo-comun-sobre-falta-de-limpeza-na-rua-castelao-e-outras-ruas-do-carballino
[4] http://copecarballino.es/print/68600