Desenrolado por coroa.es
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, informou esta mañá á alcaldesa de Boborás, Ana Patricia Torres, de que o Portal de Contratos Públicos da Xunta publica hoxe a licitación das obras do novo centro de saúde do municipio por importe de 1.951.250 millóns de euros.
Durante a xuntanza de traballo, na que tamén participou a directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Amparo Pousada, o titular de Sanidade apuntou que o novo centro de saúde permitirá ampliar en máis de 200 metros cadrados a superficie do actual inmoble.
En concreto, a nova infraestrutura sanitaria acadará os 786 metros cadrados de superficie, posibilitando a ampliación dos seus servizos. Permitirá, concretamente, dispor dunha consulta para a saúde da muller, unha consulta polivalente de urxencias e outra destinada aos pacientes respiratorios.
Así, o novo inmoble contará con dúas consultas de medicina, dúas consultas de enfermería e tamén unha novas sala de xuntas.
O deseño elixido para o novo centro de saúde busca a mellor integración coa contorna en todos os seus aspectos, empregando materiais característicos da zona, como a pedra e a madeira.
Unha vez se formalice o contrato de obra, a empresa adxudicataria disporá dun prazo de 16 meses para levar a cabo a súa construción.
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o vindeiro 10 de xuño para enviar as súas ofertas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-sanidade-informa-alcaldesa-de-boboras-da-licitacion-das-obras-do-novo-centro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-sanidade-informa-alcaldesa-de-boboras-da-licitacion-das-obras-do-novo-centro
[3] whatsapp://send?text=O Conselleiro de Sanidade informa á alcaldesa de Boborás da licitación das obras do novo centro de saúde do municipio por máis de 1,9 M€ http://copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-sanidade-informa-alcaldesa-de-boboras-da-licitacion-das-obras-do-novo-centro
[4] http://copecarballino.es/print/68608