Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Fumega certifica que "o pacto de goberno no concello goza de boa saúde" e anuncia investimentos por máis de 30 millóns de euros no Carballiño para este mandato.

15, Maio 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O alcalde Fumega pasou polos estudos de COPE O Carballiño para repasar a actualidade municipal e responder ás preguntas da audiencia.

O rexedor municipal avanzou unha modificación de crédito que deberá aprobarse nun dos próximos plenos da corporación que ascende a 900.000 euros, para financiar distitnos proxectos no concello do Carballiño.

Fumega asegurou que o pacto de goberno entre PSOE e PP goza de boa saúde e que está sendo beneficioso para O Carballiño, e proba delo -dixo- serán os máis de 30 millóns de euros que se investirán en proxectos claves para O Carballiño durante este mandato municipal.

O alcalde admitíu que "a dia de hoxe hai un noventa por cento de posibilidades" de que non vai presentarse á reelección á alcaldía en 2027, e tamén comentou sobre outros asuntos da actualidade municipal.

Podes escoitar a intervención íntegra do alcalde no PODCAST de COPE O Carballiño:

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/fumega-certifica-que-o-pacto-de-goberno-no-concello-goza-de-boa-saude-e-anuncia-investimentos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-certifica-que-o-pacto-de-goberno-no-concello-goza-de-boa-saude-e-anuncia-investimentos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-certifica-que-o-pacto-de-goberno-no-concello-goza-de-boa-saude-e-anuncia-investimentos [3] whatsapp://send?text=Fumega certifica que [4] http://copecarballino.es/print/68609