Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Xunta e Concello analizan vías de colaboración para difundir a Festa do Pulpo e poñer en valor a contribución da emigración ao desenvolvemento do Carballiño

18, Maio 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse esta semana co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, e o concelleiro de Turismo deste municipio, Manuel Dacal, para concretar vías de colaboración que contribúan a difundir fóra de Galicia a Festa do Pulpo.

Os responsables da Xunta e concello carballiñés coincidiron na proposta de impulsar o gran potencial da Festa do Pulpo como motor socioeconómico para a contorna, así como accións para poñer en valor a contribución das persoas galegas emigrantes ao desenvolvemento do Carballiño.

En relación coa dinamización da actividade económica e coa vertebración do territorio, na xuntanza destacouse o labor do Polo de emprendemento do Carballiño, que leva atendidos máis de 240 proxectos e máis de 620 titorías realizadas.

Os proxectos abranguen diferentes sectores, entre os que predominan os servizos (20%), a hostalaría (16%), e o comercio (14%). Das persoas atendidas neste polo preto do 60% son mulleres e nel lévanse realizado máis de 90 actividades entre reunións con entidades do territorio, accións de formación e eventos da rede.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-e-concello-analizan-vias-de-colaboracion-para-difundir-festa-do-pulpo-e-poner-en-valor

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-concello-analizan-vias-de-colaboracion-para-difundir-festa-do-pulpo-e-poner-en-valor [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-concello-analizan-vias-de-colaboracion-para-difundir-festa-do-pulpo-e-poner-en-valor [3] whatsapp://send?text=Xunta e Concello analizan vías de colaboración para difundir a Festa do Pulpo e poñer en valor a contribución da emigración ao desenvolvemento do Carballiño http://copecarballino.es/novas/xunta-e-concello-analizan-vias-de-colaboracion-para-difundir-festa-do-pulpo-e-poner-en-valor [4] http://copecarballino.es/print/68620