Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O parque do Salgueiral de Leiro, en estado de total abandono por parte do concello.

23, Maio 2025 [1] [2] [3] [4]

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Leiro denuncia o estado de abandono absoluto no que se atopa o Salgueiral, unha das principais zonas verdes e de lecer do municipio, e critica a pasividade do alcalde, Francisco José Fernández, así como do seu tenente de alcalde, ambos plenamente coñecedores da situación pero sen tomar medidas efectivas.

O Salgueiral, con máis de 30.000 m² á beira do río Avia, é un espazo de referencia para a veciñanza e visitantes, especialmente nos meses de verán, xa que conta cunha área de baño, zonas de xogos infantís e amplas áreas arboradas. Actualmente, presenta un aspecto lamentable: a herba invade toda a superficie, incluídas as zonas de xogo, hai bancos rotos, papeleiras cheas e inutilizadas, e unha evidente falta de mantemento xeral.

O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, e o voceiro adxunto, Pedro José González González, lembran que “na actualidade hai dúas persoas contratadas polo Concello ao abeiro do programa Aprol Rural 2025, cun contrato de catro meses a xornada completa para a obra ‘LIMPEZA DE ZONAS VERDES DE LEIRO’. Polo tanto, non é admisible que o alcalde siga dicindo que está esperando polas brigadas. As persoas xa están contratadas, e o Salgueiral segue igual ou peor”.

Desde o PSdeG-PSOE de Leiro esiximos unha actuación inmediata para recuperar este espazo público, coa roza da vexetación, reparación dos elementos deteriorados e unha planificación seria do mantemento das zonas verdes, sen depender unicamente de contratos temporais.

“O Salgueiral é unha xoia natural e social de Leiro, e non pode seguir neste estado de abandono. A veciñanza merece espazos coidados, seguros e accesibles durante todo o ano”, conclúen Rodríguez e González.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/o-parque-do-salgueiral-de-leiro-en-estado-de-total-abandono-por-parte-do-concello

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-parque-do-salgueiral-de-leiro-en-estado-de-total-abandono-por-parte-do-concello [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-parque-do-salgueiral-de-leiro-en-estado-de-total-abandono-por-parte-do-concello [3] whatsapp://send?text=O parque do Salgueiral de Leiro, en estado de total abandono por parte do concello. http://copecarballino.es/denunciacidada/o-parque-do-salgueiral-de-leiro-en-estado-de-total-abandono-por-parte-do-concello [4] http://copecarballino.es/print/68644