Desenrolado por coroa.es
Os concelleiros do PSdeG-PSOE de Leiro, Pedro José González González e Manuel Rodríguez Vázquez, veñen de rexistrar un escrito dirixido ao alcalde solicitando a colocación urxente da rede de protección lateral na pista polideportiva situada xunto ao Campo da Feira, a carón do río Avia.
Trátase dunha medida que se vén aplicando anualmente nestas datas para garantir a
seguridade das persoas usuarias, especialmente nenos e mozos, e evitar que os balóns
escapen ao leito do río, co risco que iso supón tanto para a integridade física como para a conservación do material deportivo.
“Este ano a rede aínda non foi colocada, e xa nos teñen trasladado varias familias a súa
preocupación. Non se pode esperar a que haxa un susto para actuar. Pedimos que o Concello actúe con responsabilidade e resolva esta situación de inmediato”, sinalaron os concelleiros socialistas.
Desde o PSdeG-PSOE de Leiro insisten na importancia de manter en boas condicións as
instalacións deportivas municipais, facilitando un uso seguro e digno para toda a veciñanza
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sen-rede-de-proteccion-na-pista-polideportiva-de-leiro-caron-do-rio-avia
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sen-rede-de-proteccion-na-pista-polideportiva-de-leiro-caron-do-rio-avia
[3] whatsapp://send?text=Sen rede de protección na pista polideportiva de Leiro, a carón do río Avia. http://copecarballino.es/denunciacidada/sen-rede-de-proteccion-na-pista-polideportiva-de-leiro-caron-do-rio-avia
[4] http://copecarballino.es/print/68664