Desenrolado por coroa.es
A Xunta destina 200.000 euros as obras de reforma do centro integral para as persoas de maiores do concello, onde se prestan servizos de atención residencial, de centro de día e de vivenda comunitaria. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe este equipamento de titularidade municipal para comprobar o avance desta actuación recentemente iniciada e estivo acompañado do alcalde, Antonio Montero.
Perfecto Rodríguez sinalou que a actuación financiada consiste en varias reformas interiores, así como na renovación do mobiliario das habitacións e de espazos comúns. Ademais, indicou que a mellora deste centro é unha da vintena de proxectos que forman parte do Plan de Investimentos da Xunta. A través deste Plan, o Goberno galego destina 18,5 millóns de euros de fondos europeos do Mecanismo de Recuperación, Transformación e Resiliencia (MRR) para reforzar a rede de servizos de proximidade que dependen dos concellos. En concreto, con este orzamento estanse construíndo ou ampliando residencias de maiores, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais.
Neste sentido, o xerente do Consorcio apuntou que coa execución deste Plan, acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), porase a disposición das familias que viven en concellos máis rurais e de menor poboación un total de 650 novas prazas públicas para o coidado dos seus maiores.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-mellora-o-centro-integral-para-persoas-maiores-cun-investimento-de-200000
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-mellora-o-centro-integral-para-persoas-maiores-cun-investimento-de-200000
[3] whatsapp://send?text=O concello de Avión mellora o centro integral para as persoas maiores cun investimento de 200.000 euros http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-mellora-o-centro-integral-para-persoas-maiores-cun-investimento-de-200000
[4] http://copecarballino.es/print/68669