Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > FALEMOS GALEGO

30, Maio 2025 [1] [2] [3] [4]

     No pleno de onte do Concello do Carballiño, houbo unha intervención lamentable da concelleira de Educación, na que lendo nun papel respostaba a moción en defensa do galego presentada por Sofía García. Pois ben, está concelleira veu a decir que hai que defender un "bilingüismo cordial", que seica ben sendo que cada un fale o que lle pete, que hai menos galego falantes por causa dos inmigrantes, e que non hai que facer nada en favor do galego, porque disque non é necesario. E tamén dixo sen pestanexar que o modelo actual da Xunta era estupendo e o que defende o BNG, so busca confrontar. Ahí queda eso. E logo reivindican a un tal Castelao, din ser galeguistas e o dezasete de maio petan no peito. Manda nabo. 

   Eu tamén defendo que cada un fale o que quiera, faltaría máis, pero de ahí a decir que o galego goza dunha saúde envexable hai un treito. Non hai máis que escoitar ós nosos rapaces e mozos. Cantos menores de trinta años falan galego habitualmente no Carballiño? Un dez ou un quince por ciento?

   Certo que dende o Concello non se pode facer moito, pero algo si. Por EXEMPLO:

     - Promover cultura en galego. Teatro, música, cine...

     - Crear premios de música actual, de curtas, de poesía, de relatos, de monólogos no noso idioma. 

    - Comunicación institucional en correcto galego.

    - Campañas de difusión e axudas para rotular os negocios en galego.

    - Rueiro e sinalética en galego. 

   Xa ve, señora concelleira que se poden facer moitas cosas en defensa do noso idioma cada día, non só o dezasete de maio para quedar ben. Fágao. Ten vostede a obriga de defender, promover e difundir o noso principal patrimonio. E déixese de ler panfletos inspirados por Galicia Bilingüe. Lembre que " se ainda somos galegos é grazas o idioma". don Daniel dixit.

     

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/falemos-galego

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/falemos-galego [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/falemos-galego [3] whatsapp://send?text=FALEMOS GALEGO http://copecarballino.es/denunciacidada/falemos-galego [4] http://copecarballino.es/print/68671