Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > OBRAS 25 DE XULLO A CACHOS

5, Xuño 2025 [1] [2] [3] [4]

Saía estos días o das obras na 25 de xullo nos medios. Todo o que se faga benvido sexa. Pero non se entende facer a rua a cachos. Nos titulares liase que as obras ían da rotonda da Fontela a da casa Azul. Non é certo, algún medio si reflexaba o punto quilométrico exacto de comezo, que é o 25.450 (un pouco antes do paso de peóns do edificio Fraguas). Non se entende que non se faga dende a rotonda da Fontela, máis cando a estrada é de titularidade estatal e é o ministerio quen paga. Resulta que van elevar os pasos de peóns para gañar en seguridade, é non lles importa deixar o último paso de peóns sen elevar que moitisima xente emprega para ir o Gadis e por riba é onde máis rápido van os coches, tempo o tempo na vindeira desgraza. O Mercadona seica lle van facer un paso de peóns para cruzar, xa non había suficientes atrancos e retencións nese punto co que mondaron para entrar e sair da praza da estación e agora outro máis. De paso podían facer un muro de formigon a altura da entrada de vehículos do Mercadona, porque a liña continua seguese a pasar por onde lle peta a cadaquen. O enxeneiro ou a forma de pensar debe ser o mesmo ca rua Ourense, co tramo da vergonza entre a rotonda da Fontela e a minirotonda do Alcampo. Xa non dígo nada entre a rotonda do Recar e Otero Pedrayo. Aquí hai cidadans de primeira e outros de segundo. Non se explica doutro xeito. Saudos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/obras-25-de-xullo-cachos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/obras-25-de-xullo-cachos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/obras-25-de-xullo-cachos [3] whatsapp://send?text=OBRAS 25 DE XULLO A CACHOS http://copecarballino.es/denunciacidada/obras-25-de-xullo-cachos [4] http://copecarballino.es/print/68692