Desenrolado por coroa.es
Os feitos aconteceron na tarde deste pasado mércores nas piscinas do Carballiño, un grave episodio violento protagonizado por dous mozos veciños do concello do Carballiño, e presenciado polos numerosos usuarios -moitos nenos- que estaban no recinto, atónitos co que pudo verse.
Ata cinco denuncias están presentadas contra os autores desta auténtica batalla campal, o concesionario do bar por destrozos de botellas e equipamento nas instalacións, as dos dous socorristas que estaban de servizo, que foron agredidos e sufriron lesións, asi como a encargada da "taquilla", á que amenazaron esixíndolle a entrega de diñeiro obtido pola venda de entradas.
Tamén presentou denuncia o concelleiro de deportes Pepe Castro-Gil, pola actitude violenta dos dous mozos e os danos causados no recinto público.
Cando chegaron ás piscinas Policia Local e Garda Civil, os protagonistas dos incidentes xa fuxiran, sendo posteriormente identificados e detidos. Esta mañá pasaron a disposición xudicial.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cinco-denuncias-tras-os-incidentes-rexistrados-nas-piscinas-do-carballino-por-dous-mozos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cinco-denuncias-tras-os-incidentes-rexistrados-nas-piscinas-do-carballino-por-dous-mozos
[3] whatsapp://send?text=Cinco denuncias tras os incidentes rexistrados nas piscinas do Carballiño por dous mozos: agresións a persoas, amenazas, e destrozos nas instalacións http://copecarballino.es/novas/cinco-denuncias-tras-os-incidentes-rexistrados-nas-piscinas-do-carballino-por-dous-mozos
[4] http://copecarballino.es/print/68768