Desenrolado por coroa.es
Os traballos de mellora dos apoios do taboleiro do viaduto da autoestrada Santiago-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias afeccións ao tráfico a partir do luns 23.
Ademais o tráfico procedente da AG-54 (O Carballiño) verase afectado, debendo pasar directamente á N-541 desde o enlace de Maside.
Esta actuación prevese levar a cabo entre o luns 23 e o venres 27 de xuño, sendo necesario un corte de tráfico entre as 10 horas do martes 24 e as 13 horas do venres 27. O corte efectuarase na calzada dereita da AG-53 desde o enlace coa AG-54 (pk 79), desviando aos usuarios a través de AG-54, N-541 e N-120, para que accedan á A-52 a través dun enlace situado a 2 quilómetros do enlace entre AG-53 e A-52.
O desvío estará sinalizado e realizarase a través dos paneis na AG-53, colocándose tamén carteis específicos na conexión da AG-53 coa AG-54 e nas saídas do enlace de Maside, para orientar aos usuarios ata a N-541. No resto do percorrido, a través de N-541 e N-120, xa existe sinalización fixa permanente que guía aos condutores para acceder á A-52 en dirección Ourense.
O citado viaduto, obxecto dos traballos, dá continuidade aos dous carrís da calzada dereita da AG-53, Santiago-Ourense, conectando con A-52 e OU-402.
Para poder acometer a intervención cómpre levantar o taboleiro, liberando os neoprenos e deixando un espazo que permita a execución de todas as tarefas precisas, polo que non é posible manter o paso do tráfico sobre a estrutura.
Estas tarefas continuarán nunha segunda fase entre o luns 7 de xullo e o venres 11, cun corte de tráfico previsto entre as 10 horas do martes e as 13 horas do venres 11, que se comunicará con antelación.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/por-traballos-de-mantemento-do-24-ao-27-de-xuno-o-trafico-procedente-da-ag-54-o-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/por-traballos-de-mantemento-do-24-ao-27-de-xuno-o-trafico-procedente-da-ag-54-o-carballino
[3] whatsapp://send?text=Por traballos de mantemento, do 24 ao 27 de xuño: o tráfico procedente da AG-54 (O Carballiño-Maside) deberá desviarse pola N-541 http://copecarballino.es/novas/por-traballos-de-mantemento-do-24-ao-27-de-xuno-o-trafico-procedente-da-ag-54-o-carballino
[4] http://copecarballino.es/print/68777