Desenrolado por coroa.es
Quixera opinar o seguinte ante o comunicado emitido polo Partido Popular tras o último pleno extraordinario:
1. O respecto non se defende silenciando a verdade
Comparto como non pode ser doutro xeito, a necesidade de manter as formas democráticas e un clima de respecto institucional. Pero non concordo que se utilice o discurso do respecto como un escudo para evitar falar do trilerismo, que é o verdadeiro motivo da crispación de moitos dos que depositamos os nosos votos no PP pra ser ninguneados e traizoados por este sorprendente trilerismo.
2. O transfuguismo (trilerismo neste caso) é a falta de respecto máis grave que pode sufrir a democracia local
Un concelleiro ou concelleira que traizoa a confianza das urnas para cambiar de políticas está faltando ao respecto á cidadanía, non quen denuncia o trilerismo e mercadeo dos votos. O Partido Popular, co seu mercadeo de votos, está lexitimando un comportamento que degrada a democracia e mina a confianza da xente nas institucións locais.
3. O institucionalismo non pode ser selectivo
Apelar ao “sentido institucional” cando se está calando fronte á maior anomalía democrática que pode sufrir unha corporación municipal é, cando menos, incoherente. As institucións deféndense coa verdade, co compromiso democrático e co respecto á vontade popular, non coa equidistancia e coas medias tintas, ou co mercadeo da vontade dos votantes do PP.
4. O pleno foi convocado por responsabilidade, non para o espectáculo
O pleno extraordinario foi solicitado con seriedade, co único obxectivo de que a cidadanía saiba a verdade. Non se convocou para o enfrontamento, senón para poñer sobre a mesa un feito político de gravidade, e que cada grupo se posicione con claridade. Así o vexo eu. O modelo PPSOE é unha anomalía, unha aberración democrática que non anda nin ao revés.
5. Quen non condena, ampara
O Partido Popular fala de responsabilidade, pero esquece a súa responsabilidade coa xente que depositou a confianza no seu discurso e que foi mutado por arte de maxia. E nesta situación, non posicionarse é tomar partido polo silencio, pola ambigüidade e polo beneficio que lles pode reportar o trilerismo. Iso si que non é responsable, nin respectuoso, nin democrático. É, dito dun xeito suave, unha tomadura de pelo. Porque o argumentario do PP pra tocar a vontade do seu electorado non se sostén por ningures. Caen todos e cada un dos seus argumentos falaces.
Moi ben pola oposición, tanto por Espazo Común, como polo BNG, o primeiro por propor a convocatoria deste Pletno que aporta máis claridade, e o segundo por aportar unha versión máis calmada pero que no fondo critica este trilerismo vergoñento. Hoxe en día a oposición é mais necesaria que nunca, tendo en conta que un partido da oposición, o PP, supedita os seus intereses ¿espúreos? á vontade do seu electorado.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/non-e-transfuguismo-e-trilerismo-puro-e-duro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/non-e-transfuguismo-e-trilerismo-puro-e-duro
[3] whatsapp://send?text=Non é transfuguismo, é trilerismo puro e duro http://copecarballino.es/denunciacidada/non-e-transfuguismo-e-trilerismo-puro-e-duro
[4] http://copecarballino.es/print/68779