Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Julián Maeso, Jaime Urrutia, Gisele Jackson, Top Secret, Roi Casal, gastronomia, cultura e viño no festival "Espírito Ribeiro"

24, Xuño 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia impulsan a colaboración territorial supramunicipal dos concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Arnoia que se unen na organización do festiva Espírito Ribeiro ao redor da música, a gastronomía, a artesanía e a cultura do viño da Denominación de Orixe do ribeiro. Así o presentou está mañá en rolda de prensa o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Durante a presentación, Xosé Merelles salientou que “Espírito Ribeiro é un festival de sabores, música, mercado e produto de proximidade”, que se celebrará este sábado 28 e o domingo 29 de xuño en Castrelo de Miño (Ourense). O evento está organizado polos concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Arnoia, co apoio da Axencia Turismo de Galicia a través do programa Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia.

No eido musical haberá concertos de balde con figuras tan singulares do panorama musical estatal e galego como: Julián Maeso, Jaime Urrutia, Gisele Jackson, Top Secret e Roi Casal. Ademais, nesta edición, Espírito Ribeiro estreará un novo formato, rotando a actividade cada ano nun municipio. Así, Castrelo de Miño acollerá a edición deste 2025, mentres que Cenlle será o anfitrión no 2026 e Arnoia en 2027.

“Música, artesanía, cultura e viño danse cita neste evento singular no berce do Ribeiro, en Ourense, nun evento comprometido co desenvolvemento sostible, a paisaxe e a cultura do viño”, subliñou o director de Turismo, ao tempo que engadiu que “Espírito Ribeiro é, tamén, unha aposta pola promoción do patrimonio vitivinícola e a cultura”.

O director de Turismo de Galicia quixo destacar tamén “a colaboración territorial entre os tres municipios e a Xunta de Galicia, poñendo en valor este festival como marca cultural que impulsar a Denominación de Orixe Ribeiro, e como ferramenta de dinamización do rural”.

Neste 2025, ademais da música, ao cartel de Espírito Ribeiro incorpórase, como novidade, o concurso “A Foto do Espírito”, para recuperar fotografías antigas do Ribeiro. Así, as mellores imaxes formarán parte dunha exposición itinerante. O certame premiará con 300 euros a mellor fotografía.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/julian-maeso-jaime-urrutia-gisele-jackson-top-secret-roi-casal-gastronomia-cultura-e-vino-no

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/julian-maeso-jaime-urrutia-gisele-jackson-top-secret-roi-casal-gastronomia-cultura-e-vino-no [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/julian-maeso-jaime-urrutia-gisele-jackson-top-secret-roi-casal-gastronomia-cultura-e-vino-no [3] whatsapp://send?text=Julián Maeso, Jaime Urrutia, Gisele Jackson, Top Secret, Roi Casal, gastronomia, cultura e viño no festival [4] http://copecarballino.es/print/68791