Desenrolado por coroa.es
O Concello do Carballiño, a través da área de Benestar Social, renovará un total de 18 zonas verdes da vila coa colocación de 1400 plantas, céspede e adoquín de pedra.
A intervención, que inclúe a Alameda, a praza do Emigrante e a da Veracruz, busca mellorar e embelecer os espazos naturais da localidade que se atopaban en malas condicións ata o de agora, e favorecer así o desfrute da poboación do entorno natural do Carballiño.
A actuación, adxudicada a Extraco por case 20.000 euros, tamén inclúe a colocación dunha varanda de vidro laminar entre o parque infantil e a entrada ao párking da Alameda. A estructura mellorará a seguridade do espazo de xogo, unha demanda reiterada entre as familias usuarias.
A concelleira de Benestar Social, Rosa Fuentes, destaca a importancia desta actuación, que evitará o risco de caída de nenos e nenas. O prazo de execución é de dous meses, nos que se renovarán por completo as plantas, pero tamén a rede de rego das zonas verdes.
O novo sistema permitirá o mantemento adecuado durante todo ano dos preto de 1.400 exemplares, escollidos tendo en conta a climatoloxía do Carballiño. Entre as especies elixidas hai pequenas árbores e arbustos de folla perenne como azaleas ou gardenias.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-coloca-1400-plantas-en-zonas-axardinadas-da-veracruz-alameda-e-praza-do-emigrante-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-coloca-1400-plantas-en-zonas-axardinadas-da-veracruz-alameda-e-praza-do-emigrante-e
[3] whatsapp://send?text=O Concello coloca 1.400 plantas en zonas axardinadas da Veracruz, a Alameda e a Praza do Emigrante, e mellora a seguridade no parque infantil. http://copecarballino.es/novas/o-concello-coloca-1400-plantas-en-zonas-axardinadas-da-veracruz-alameda-e-praza-do-emigrante-e
[4] http://copecarballino.es/print/68794