Desenrolado por coroa.es
O Concello do Carballiño aprobou hoxe en pleno a habilitación de preto de 1 millón de euros para destinar no que resta de ano á redacción e financiamento de novos proxectos, actuacións en todos os ámbitos de competencia municipal e actividades varias, especialmente culturais, educativas, deportivas, lúdicas e festivas, así como axudas sociais ou ao tecido empresarial.
As partidas máis importantes irán destinadas a proxectos e obras (450.000 euros), Medio Ambiente, en particular a actuacións no Parque Municipal (133.000 euros), inversións no rural (70.000 euros), deportes (70.000 euros) e Cultura (57.000 euros).
En total, serán 970.213 euros, que saen do remanente das arcas municipais, que era de 1,6 millóns de euros antes da aprobación desta modificación e do que agora aínda quedan 600.00 euros.
Alegacións á liña de alta tensión
O pleno da corporación municipal aprobou tamén unha declaración institucional, apoiada polo tanto por todos os grupos políticos, na que manifesta a súa “total oposición ao proxecto das infraestruturas de evacuación de alta tensión ao seu paso polo concello do Carballiño”.
Arguméntao en que “a veciñanza rexeita frontalmente o anteproxecto presentado por consideralo nocivo no ámbito da saúde, do patrimonio natural e arqueolóxico” ou en que ten “un impacto visual enorme” e anuncia que “o Concello do Carballiño presentará alegacións” e “asesorará á veciñanza para que defenda os seus intereses”.
Este manifesto será remitido agora á empresa promotora, á Deputación Provincial de Ourense, á Xunta de Galicia e á Subdelegación do Goberno.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pleno-da-corporacion-municipal-do-carballino-habilita-preto-de-1-millon-de-euros-para
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pleno-da-corporacion-municipal-do-carballino-habilita-preto-de-1-millon-de-euros-para
[3] whatsapp://send?text=O Pleno da Corporación Municipal do Carballiño habilita preto de 1 millón de euros para financiar obras e actividades promovidas polo concello. http://copecarballino.es/novas/o-pleno-da-corporacion-municipal-do-carballino-habilita-preto-de-1-millon-de-euros-para
[4] http://copecarballino.es/print/68807