Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Servizo de Orientación Laboral do Concello do Carballiño formou a 128 persoas a través de cursos e obradoiros de emprego e asesorou a preto de 800 veciños

28, Xuño 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O servizo de orientación laboral do Concello do Carballiño realiza unha intensa labor de asesoramento e formación da poboación desempregada. No primeiro semestre deste ano, os profesionais da unidade atenderon a preto de 800 persoas en busca activa de traballo, entre as derivadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e aquelas que se achegaron voluntariamente en busca de información e asesoramento.

Diana González, concelleira de Comercio, destaca a importante función realizada polo equipo do servizo, que xestionou no que vai de ano 21 ofertas de emprego e axudou á inserción laboral de 75 persoas. As ofertas están vinculadas co eido da hostalaría, atención sociosanitaria, limpeza, atención ao cliente, forestal e fabricación-produción.

O servizo tamén se encarga de poñer en marcha distintos programas de formación e emprego público que facilitan a inserción laboral dos participantes. No último ano e medio, 130 persoas formaron parte da oferta formativa: 92 en cursos e 36 en obradoiros de emprego público de duración de 9 meses ou 1 ano. No eido dos obradoiros atópanse o Programa de Emprego de Persoas Mozas (menores de 30 anos), que se leva a cabo no Carballiño por primeira vez, e por outro, o obradoiro dual.

A programación deseñada inclúe cursos dixitais, prevención de riscos laborais para o sector da construción, madeira e metal, competencias clave para ter acceso aos certificados de profesionalidade e obradoiros de xardinaría, carpintería ou albanelaría.

Diana González destaca os bos datos de participación nos cursos e obradoiros,
“hoxe en día, a oferta pública de emprego é moi alta”, apunta.

Actualmente, hai dous programas en fase de selección e contratación: o Aprol Rural (inclúe tres contratos de nove meses) e as Brigadas Forestais (inclúe seis contratos de tres meses de duración).

Por outra banda, o servizo de orientación laboral do Concello do Carballiño tamén coopera con iniciativas públicas doutras institucións. Nesa liña, colabora co programa “Yo Emprego Galicia”, dirixido a persoas desempregadas interesadas en poñer en marcha o seu propio negocio, e participa no programa integrado de emprego xunto con outros concellos adxacentes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-servizo-de-orientacion-laboral-do-concello-do-carballino-formou-128-persoas-traves-de-cursos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-servizo-de-orientacion-laboral-do-concello-do-carballino-formou-128-persoas-traves-de-cursos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-servizo-de-orientacion-laboral-do-concello-do-carballino-formou-128-persoas-traves-de-cursos [3] whatsapp://send?text=O Servizo de Orientación Laboral do Concello do Carballiño formou a 128 persoas a través de cursos e obradoiros de emprego e asesorou a preto de 800 veciños http://copecarballino.es/novas/o-servizo-de-orientacion-laboral-do-concello-do-carballino-formou-128-persoas-traves-de-cursos [4] http://copecarballino.es/print/68820