Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Francisco José Fernández revalida como presidente do Partido Popular de Leiro

29, Xuño 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Francisco José Fernández Pérez (Cortegada, 1959) revalidou a presidencia do Partido Popular de Leiro no congreso celebrado por esta agrupación local e que contou na clausura co presidente provincial, Luis Menor, e a secretaria xeral, Sandra Quintas. Un conclave no que Luis Menor puxo ao tamén alcalde e senador popular como exemplo de estabilidade municipal e política, característica que pediulle “exportar” para recuperar en 2027 máis alcaldías e a maioría absoluta na Deputación.

O presidente provincial explicou que con este congreso Francisco José Fernández non só revalida a presidencia da agrupación local, senón que “dálle un novo pulo á unidade e solidez do PP de Leiro”.

O partido, engadiu Luis Menor, é un instrumento para alcanzar o Goberno e así mellorar a calidade de vida da cidadanía, cun programa de actuacións e un equipo de persoas “que leve a cabo o noso modelo de territorio”.

Con todo, dixo Menor, Leiro tamén pode servir de exemplo coa súa estabilidade para sumar máis apoio en calquera convocatoria electoral, “por iso é absolutamente necesario que o partido estea perfectamente organizado”.

Francisco José Fernández, con trinta anos á fronte da alcaldía, agradeceu o apoio dos populares de Leiro e da dirección do partido por seguir confiando na súa persoa para esta nova etapa da agrupación local.

A vida local “é a maior escola da política”, dixo, comprometéndose a continuar traballando polo partido, “o que tamén significa seguir procurando o progreso do concello”.

A recuperación do río Avia o seu paso polo municipio e cuxa presenza marca a paisaxe e a cultura de Leiro é un dos logros dos que máis orgullo sinte o presidente da agrupación local, en tanto significa “apostar polas fortalezas do concello, como tamén polo termalismo ou o sector do viño”. É dicir, engadiu Francisco José Fernández , “ter un programa de obxectivos ben definido, ser rigorosos na xestión, e tender sempre pontes á colaboración con outras administración para o ben da nosa veciñanza”.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/francisco-jose-fernandez-revalida-como-presidente-do-partido-popular-de-leiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/francisco-jose-fernandez-revalida-como-presidente-do-partido-popular-de-leiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/francisco-jose-fernandez-revalida-como-presidente-do-partido-popular-de-leiro [3] whatsapp://send?text=Francisco José Fernández revalida como presidente do Partido Popular de Leiro http://copecarballino.es/novas/francisco-jose-fernandez-revalida-como-presidente-do-partido-popular-de-leiro [4] http://copecarballino.es/print/68826