Desenrolado por coroa.es
O concelleiro do Partido Popular do concello de San Cristovo de Cea, José Paz Vázquez "O Trapela", de 76 anos de idade faleceu de forma repentina na tarde deste mércores 2 de xullo.
O concelleiro popular encontrábase nunha finca familiar na que estaba ensilando a herba, utilizando un tractor, e momentos antes do suceso declarárase un pequeno lume. José sufríu unha repentina indisposición e desplomouse o chan, e cando chegaron os sanitarios do 061 tan so poideron certificar o seu falecemento.
Os feitos tiveron lugar na localidade de Pobadura, na parroquia de Oseira, onde residía o concelleiro que formou parte da corporación do concello de San cristovo de Cea nos tres ultimos mandatos municipais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-de-forma-repentina-o-concelleiro-do-pp-en-cea-jose-paz-vazquez-cando-traballaba-nunha
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-de-forma-repentina-o-concelleiro-do-pp-en-cea-jose-paz-vazquez-cando-traballaba-nunha
[3] whatsapp://send?text=Falece de forma repentina o concelleiro do PP en Cea, José Paz Vázquez, cando traballaba nunha finca familiar no lugar de Pobadura http://copecarballino.es/novas/falece-de-forma-repentina-o-concelleiro-do-pp-en-cea-jose-paz-vazquez-cando-traballaba-nunha
[4] http://copecarballino.es/print/68835