Desenrolado por coroa.es
O Concello do Carballiño vén de inaugurar un novo espazo verde de lecer do que xa pode pode desfrutar a poboación e os visitantes, o xardín aromático da Piscifactoría. Este novo enclave, que conta cunha ampla variedade de plantas, arbustos e flores, ademais dun reloxo analemático (solar), foi realizado nos últimos meses polo alumnado do módulo de xardinaría do Programa de Emprego de Persoas Mozas.
Nesta liña, a concelleira de Comercio, Diana González, destaca a implicación dos participantes: “Realizaron un gran traballo, tanto os alumnos e alumnas como o equipo docente e directivo”. A edila de Comercio e a concelleira de Medioambiente, Elvira Torres, convidan á poboación a achegarse ao espazo, que nesta época se convirte nun perfecto refuxio climático fronte ás elevadas temperaturas.
Restauración da pasarela do Arenteiro na zona de Toscaña
Estes días, o Concello tamén inaugurou a pasarela do Arenteiro, restaurada e acondicionada nos últimos meses polo alumnado do módulo de carpintaría do Programa de Emprego de Persoas Mozas.
Diana González tamén pon en valor o traballo realizado, xa que a pasarela é moi frecuentada pola poboación do Carballiño. A intervención non só renova a súa imaxe, senón que mellora a seguridade dos peóns e facilita a mobilidade na zona.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-estrea-un-xardin-aromatico-na-piscifactoria-para-desfrute-de-vecinanza-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-estrea-un-xardin-aromatico-na-piscifactoria-para-desfrute-de-vecinanza-e
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño estrea un xardín aromático na Piscifactoria para desfrute de veciñanza e visitantes http://copecarballino.es/novas/o-carballino-estrea-un-xardin-aromatico-na-piscifactoria-para-desfrute-de-vecinanza-e
[4] http://copecarballino.es/print/68904