Desenrolado por coroa.es
As pulpeiras e pulpeiros do Carballiño baten o récord mundial e logran elaborar a tapa de pulpo máis grande do mundo con 600 quilos de cefalópodo.
Pouco antes das oito da tarde, a Praza Maior estaba repleta de veciños e visitantes que non dubidaron en achegarse a animar aos grandes protagonistas da xornada: as pulpeiras e pulpeiros, que se preparaban arredor do gran prato, de 5,37 metros de diámetro. Lograron cortar 10 quilos máis que o ano pasado, alcanzando os 600 quilos.
Esta 15ª edición da elaboración da tapa realizouse en 10 minutos e 30 segundos. Unha vez rematado o corte, aderezaron o pulpo con 8 quilos de sal, 54 litros de aceite e 3 quilos de pimentón doce e picante.
A Asociación de Pulpeiros do Carballiño repartiu máis de 1.600 tapas de pulpo entre o público asistente, que por 7 euros desfrutou dunha tapa de pulpo, pan, viño, postre, o prato especialmente gravado, pulseira e chaveiro elaborado polos usuarios de Aspadisi.
O DJ Tibu encargouse de poñer a animación musical, así como de guiar a elaboración da tapa, un ritual que volveu ter unha gran repercusión mediática tanto nacional como internacional.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-logra-un-novo-record-ao-picar-600-quilos-de-pulpo-en-10-minutos-e-30-segundos-na
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-logra-un-novo-record-ao-picar-600-quilos-de-pulpo-en-10-minutos-e-30-segundos-na
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño logra un novo récord ao picar 600 quilos de pulpo en 10 minutos e 30 segundos na tapa máis grande do mundo http://copecarballino.es/novas/o-carballino-logra-un-novo-record-ao-picar-600-quilos-de-pulpo-en-10-minutos-e-30-segundos-na
[4] http://copecarballino.es/print/68964