Desenrolado por coroa.es
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou hoxe na 63ª edición da Festa do Pulpo do Carballiño, onde puxo en valor a relevancia deste produto para a vila e para o conxunto da comarca, tanto no ámbito cultural como económico.
Durante a súa intervención, o conselleiro subliñou que o polbo forma parte esencial da identidade galega e que celebracións como a do Carballiño contribúen a manter viva esa tradición, ao tempo que impulsan a economía local e a xeración de emprego e emprendemento ligado ao territorio. Destacou ademais que o impacto desta festividade abrangue sectores como a hostalaría, o turismo e o pequeno comercio, exemplificando un modelo de desenvolvemento sostible baseado en recursos propios. Por último, reiterou o compromiso da Xunta con todas aquelas iniciativas que apoian a promoción do territorio, a dinamización económica e a preservación dos nosos sinais de identidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-salienta-na-63a-festa-do-pulpo-do-carballino-o-valor-do-produto-como-simbolo-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-salienta-na-63a-festa-do-pulpo-do-carballino-o-valor-do-produto-como-simbolo-de
[3] whatsapp://send?text=A Xunta salienta na 63ª Festa do Pulpo do Carballiño o valor do produto como símbolo de identidade e motor de desenvolvemento económico para Galicia http://copecarballino.es/novas/xunta-salienta-na-63a-festa-do-pulpo-do-carballino-o-valor-do-produto-como-simbolo-de
[4] http://copecarballino.es/print/68984