Desenrolado por coroa.es
A presidenta da CEO, a carballiñesa Marisol Nóvoa Rodríguez, faleceu esta pasada madrugada aos 66 anos de idade.
A Confederación Empresarial de Ourense difundíu un comunicado no que manifesta o seu pesar polo pasamento da súa presidenta "a súa partida deixa na CEO un baleiro inmenso. Marisol foi máis que unha representante empresarial: foi unha muller íntegra e traballadora, comprometida coa nosa misión e coa defensa dos intereses do sector empresarial".
"O seu incansable labor, a súa visión estratéxica e a súa calidade humana marcaron unha pegada indeleble na nosa organización, pois baixo a súa presidencia, Marisol soubo unir vontades, impulsar proxectos e afrontar con determinación os retos que se nos presentaron como colectivo", remarcan.
A CEO achega as súas condolencias ás persoas máis próximas a Marisol Nóvoa "son momentos de dor, unímonos no recordo e agradecemento por todo o que nos entregou. Acompañamos con afecto á súa familia á que enviamos un profundo abrazo, e unímonos ao pesar de amigos e a todos quen tivo o privilexio de coñecela e traballar ao seu lado".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-carballinesa-marisol-novoa-presidenta-da-confederacion-empresarial-de-ourense
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-carballinesa-marisol-novoa-presidenta-da-confederacion-empresarial-de-ourense
[3] whatsapp://send?text=Falece a carballiñesa Marisol Nóvoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense http://copecarballino.es/novas/falece-carballinesa-marisol-novoa-presidenta-da-confederacion-empresarial-de-ourense
[4] http://copecarballino.es/print/68998