Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os incendios forestais de Carballeda de Avia e Beade xa superan as 1.400 hectáreas. Entre a zona afectada está o bosque autóctono de Ridimoas.

17, Agosto 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes

Está activo desde as 16:38 horas de venres o incendio no concello ribeirán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes que, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 1.300 hectáreas.

Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 1 técnico, 20 axentes, 26 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 5 avións.

Activo Beade-As Regadas Activo

Desde as 18:16 horas do venres o incendio no concello de Beade, parroquia das Regadas, anteriormente situado na localidade de Carballeda de Avia. Este lume entrou no bosque de Ridimoas,que xestiona a Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas para a defensa e estudo dos bosques autóctonos.

Segundo as últimas estimacións, este lume afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas e está pendente dunha nova estimación. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 9 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

Esta información está actualizada ás 9:00 horas do domingo 17 de agosto pola Consellería de Medio Rural.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-incendios-forestais-de-carballeda-de-avia-e-beade-xa-superan-1400-hectareas-entre-zona

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-incendios-forestais-de-carballeda-de-avia-e-beade-xa-superan-1400-hectareas-entre-zona [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-incendios-forestais-de-carballeda-de-avia-e-beade-xa-superan-1400-hectareas-entre-zona [3] whatsapp://send?text=Os incendios forestais de Carballeda de Avia e Beade xa superan as 1.400 hectáreas. Entre a zona afectada está o bosque autóctono de Ridimoas. http://copecarballino.es/novas/os-incendios-forestais-de-carballeda-de-avia-e-beade-xa-superan-1400-hectareas-entre-zona [4] http://copecarballino.es/print/69005