Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O PSdeG-PSOE de Leiro pide a dimisión do presidente da Entidade Local Menor de Berán polo fracaso e abandono do proxecto do balneario

19, Agosto 2025 [1] [2] [3] [4]

O grupo municipal socialista de Leiro esixe a dimisión inmediata de Avelino Carballal, presidente da Entidade Local Menor de Berán, tras o fracaso absoluto da xestión do balneario de Berán, que supuxo un gasto de centos de miles de euros en fondos públicos sen resultado ningún para a veciñanza.

No pleno extraordinario celebrado recentemente, o presidente quedou mudo ante as preguntas formuladas polos socialistas, sendo o alcalde de Leiro quen respondeu por el. Esta situación demostra a súa falta de independencia, de valentía e de capacidade para exercer as responsabilidades que lle corresponden como máximo representante da Entidade Local Menor. Poucos días despois confirmouse o que xa se intuía: a concesión do balneario quedou deserta, ningunha empresa se interesou polo proxecto, certificando así un rotundo fracaso político e de xestión.

 Para o PSdeG-PSOE, este episodio é especialmente grave porque: As instalacións permanecen pechadas e en estado de abandono, pese aos cuantiosos fondos públicos investidos. Perdeuse unha oportunidade para xerar emprego, turismo e riqueza local en Berán e en todo o concello de Leiro.

A veciñanza ve como se gastaron cartos en proxectos que nin se abren nin serven para nada, mentres se desatenden necesidades urxentes. Os concelleiros socialistas lembran que a súa posición foi de abstención responsable, porque non se pode apoiar un proxecto desta envergadura sen contar previamente cos veciños e veciñas de Berán. A nosa prioridade segue a ser poñer o foco na cidadanía, defendendo os seus intereses fronte ao desleixo e o conformismo de quen debería liderar con seriedade a entidade.

Por todo isto, o PSdeG-PSOE de Leiro considera que Avelino Carballal debe asumir responsabilidades políticas e presentar a súa dimisión como presidente da Entidade Local Menor de Berán, pois a súa inacción e dependencia do alcalde deixan claro que non está en condicións de seguir representando á veciñanza O grupo municipal socialista de Leiro esixe a dimisión inmediata de Avelino Carballal, presidente da Entidade Local Menor de Berán, tras o fracaso absoluto da xestión do balneario de Berán, que supuxo un gasto de centos de miles de euros en fondos públicos sen resultado ningún para a veciñanza.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-psoe-de-leiro-pide-dimision-do-presidente-da-entidade-local-menor-de-beran

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-psoe-de-leiro-pide-dimision-do-presidente-da-entidade-local-menor-de-beran [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-psoe-de-leiro-pide-dimision-do-presidente-da-entidade-local-menor-de-beran [3] whatsapp://send?text=O PSdeG-PSOE de Leiro pide a dimisión do presidente da Entidade Local Menor de Berán polo fracaso e abandono do proxecto do balneario http://copecarballino.es/denunciacidada/o-psdeg-psoe-de-leiro-pide-dimision-do-presidente-da-entidade-local-menor-de-beran [4] http://copecarballino.es/print/69016