Desenrolado por coroa.es
O venres ás 16.38 horas iniciouse o incendio forestal do concello de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro no concello de Beade, parroquia de As Regadas.
Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Polo tanto, son xa seis os municipios afectadados.
Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 62 axentes, 97 brigadas, 63 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnicas de apoio, 8 helicópteros e 12 avións.
Mención especial para as numerosas persoas voluntarias tanto da contorna afectada polo lume como chegadas desde outros concellos do Ribeiro e O Carballiño que colaboran nos traballos para lograr o control do incendio.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-incendio-do-ribeiro-continua-fora-de-control-leva-queimadas-4000-hectareas-e-afecta-xa-seis
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-incendio-do-ribeiro-continua-fora-de-control-leva-queimadas-4000-hectareas-e-afecta-xa-seis
[3] whatsapp://send?text=O incendio do Ribeiro continúa fora de control, leva queimadas 4.000 hectáreas e afecta xa a seis concellos http://copecarballino.es/novas/o-incendio-do-ribeiro-continua-fora-de-control-leva-queimadas-4000-hectareas-e-afecta-xa-seis
[4] http://copecarballino.es/print/69017