Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta destaca a iniciativa do comercio local do Carballiño en prol da dixitalización coa posta en marcha da plataforma de atención LoPróximo

20, Agosto 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación da plataforma de atención dixital do comercio local LoPróximo, que poñerá en marcha a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto e que foi recoñecida no marco dos Premios do Comercio Galego 2024.

Trátase dunha ferramenta pioneira desde a que os comerciantes van poder atender as solicitudes de veciños e veciñas interesados en atopar, de forma fácil e áxil, os produtos e servizos dispoñibles no comercio local do Carballiño e que tamén implantaron outras entidades como CCU Aever en Verín.

Con esta nova adhesión, subliñou Gabriel Alén, o comercio de proximidade galego continúa dando pasos na atención ao cliente e ás tendencias de consumo. Isto faino, engadiu, conxugando a dixitalización cos valores tradicionais e beneficios únicos do comercio de proximidade e puxo como exemplo o esforzo do comercio local de Carballiño neste eido. Neste contexto destacou o importante papel que xogan as asociacións de comerciantes para dinamizar e incentivar o consumo de proximidade responsable e de calidade e animou a sumarse á iniciativa a aqueles comercios locais que aínda non o fixesen.

Ademais, o director xeral fixo fincapé de seguir afondando nas novas ferramentas dixitais para avanzar na modernización do sector, incrementar as vendas e achegarse a un novo perfil de clientes, innovando o modo no que as persoas se relacionan co comercio local. Neste sentido, LoPróximo busca ser un punto único, áxil e sinxelo con toda a oferta de produtos e servizos que ofrece o comercio do Carballiño para obter asesoramento personalizado ou propostas exclusivas dos establecementos adheridos.

Funcionamento LoPróximo

A plataforma LoPróximo é sinxela, intuitiva e accesible en https://loproximo.com [5] a todas as persoas interesadas en atopar as propostas ou asesoramento especializado do comercio local do Carballiño. Basta con describir por escrito o que se está a buscar para recibir as propostas a medida elaboradas polos comerciantes locais. Unha vez seleccionada unha proposta, a persoa cliente poderá acudir directamente ao establecemento para realizar a compra, ou acordar co comerciante calquera outra modalidade de entrega.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-destaca-iniciativa-do-comercio-local-do-carballino-en-prol-da-dixitalizacion-coa-posta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destaca-iniciativa-do-comercio-local-do-carballino-en-prol-da-dixitalizacion-coa-posta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destaca-iniciativa-do-comercio-local-do-carballino-en-prol-da-dixitalizacion-coa-posta [3] whatsapp://send?text=A Xunta destaca a iniciativa do comercio local do Carballiño en prol da dixitalización coa posta en marcha da plataforma de atención LoPróximo http://copecarballino.es/novas/xunta-destaca-iniciativa-do-comercio-local-do-carballino-en-prol-da-dixitalizacion-coa-posta [4] http://copecarballino.es/print/69021 [5] https://loproximo.com