Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > De Espazo Común: novo recórd do absurdo no concello do Carballiño.

22, Agosto 2025 [1] [2] [3] [4]

Como se fora para colgarse unha medalla, os veciños do Carballiño, vimos onte con estupor como nas redes sociais do Concello se subía a nova de que comezaba a funcionar unha brigada de prevención de incendios. A 21 de agosto¡¡

O descalabro da xestión do PPSOE que desgoberna este pobo semella non ter límites.

Despois das terribles escenas vividas nas últimas semanas e de que tiveramos o perigo ás portas cun incendio en Dacón o pasado domingo. Que, por certo, precisou da intervención do Grupo Municipal de Emerxencias pola ausencia dos bombeiros que estaban noutra incidencia. E que tamén, por certo, fixo necesaria a intervención da motobomba doutro concello xa que O Carballiño só conta cun camión pequeno ao non ter arranxado en todo o ano o de gran capacidade.

Despois das innumerables queixas veciñais pola falla de cumprimento da normativa e incluso de sufrir o abandono das áreas públicas.

Despois de todo iso temos que ver como este grupo que nos dirixe presume da posta en marcha desa brigada xa case en setembro.

Para previr o qué? Hoxe por hoxe, non se pode facer ningún tipo de limpeza no monte con desbrozadora nin con calquer outra maquinaria polo risco elevado de incendio.

Mención aparte merece a “ocurrencia” apadriñada e imposta polo alcalde accidental Pepe Castro de arrebatar un vehículo ao Grupo Municipal de Emerxencias que ademáis é propiedade da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para darllo a esta brigada de última hora. Este é o nivel de planificación e organización do PPSOE do Carballiño.

Asdo: Grupo Municipal de Espazo Común no concello do Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/de-espazo-comun-novo-record-do-absurdo-no-concello-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/de-espazo-comun-novo-record-do-absurdo-no-concello-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/de-espazo-comun-novo-record-do-absurdo-no-concello-do-carballino [3] whatsapp://send?text=De Espazo Común: novo recórd do absurdo no concello do Carballiño. http://copecarballino.es/denunciacidada/de-espazo-comun-novo-record-do-absurdo-no-concello-do-carballino [4] http://copecarballino.es/print/69030