Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 100 participantes na concentración de coches antigos do Carballiño, Memorial José Luis Blanco.

5, Setembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Carballiño acollerá este sábado a concentración de coches antigos III Memorial José Luis Blanco Nogueira, impulsado polo Clube Galego de Automóbiles Antigos coa colaboración do Concello do Carballiño. Nesta terceira edición, o evento contará coa participación dun centenar de vehículos históricos de carrocerías como Rolls-Royce, Austin-Healey, Buick, Citroën, Aston Martin, Opel ou Ford.

“Para nós é unha cita moi importante, un elemento máis de atracción turística e tamén un xeito de ensinar este traballo artesanal. Son vehículos con decenas de anos que seguen como o primeiro día”, apuntou Diego Fernández, concelleiro de Cultura, na presentación da actividade. O edil espera que a concentración se consolide como unha actividade máis do verán do Carballiño.

Pola súa parte, Rogelio González, un dos promotores do evento, convidou á poboación a achegarse este sábado e desfrutar da historia viva da automoción. “Este ano veñen coches todavía máis antigos, teremos un Opel do 1928, varios do ano 32 e moitos do 39”, detallou. Outras das principais novidades é a visita ao Museo Reverter, onde o grupo de condutores verá o famoso Alpinche de Estanislao Reverter. O evento toma o nome de José Luis Blanco Nogueira, fundador e primeiro presidente do Clube Galego de Automóbiles Antigos.

Punto de encontro na Veracruz

A concentración comezará ás 10,00 horas deste sábado 6 de setembro.
O punto de encontro é na Praza da Veracruz, da que os coches partirán ás 11,30 horas para realizar unha ruta de 57,7 kilómetros. Os condutores visitarán o Castro de San Cibrao de Lás e o Museo Reverter, ademais de percorrer Ventosela, San Amaro, Maside e Dacón. Desde Dacón dirixiranse ao Carballiño, onde realizarán un paseo polas rúas principais para rematar no Parque Municipal. “Alí teremos música, ademais de sorteos e sorpresas, xa que contamos coa participación de varias casas de automóbiles”, sinalou Rogelio González.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/100-participantes-na-concentracion-de-coches-antigos-do-carballino-memorial-jose-luis-blanco

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/100-participantes-na-concentracion-de-coches-antigos-do-carballino-memorial-jose-luis-blanco [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/100-participantes-na-concentracion-de-coches-antigos-do-carballino-memorial-jose-luis-blanco [3] whatsapp://send?text=100 participantes na concentración de coches antigos do Carballiño, Memorial José Luis Blanco. http://copecarballino.es/novas/100-participantes-na-concentracion-de-coches-antigos-do-carballino-memorial-jose-luis-blanco [4] http://copecarballino.es/print/69085