Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os Comuneiros do MVMC da Cidade, en desacordo coa proposta da Xunta para a cesión do comunal

10, Setembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

No pasado mes de maio, e tras 14 anos de conflicto, facíase público un principio de acordo entre os comuneiros de Cristimil e A Torre e a Xunta para a cesión dunha ampla parcela de 142.000 m2, na zona do comunal na que se promoveu a construcción do edificio que alberga ao museo da cultura castrexa de Galicia. 

O acordo, según os comuneiros, consistía que a cámbio da "expropiación amigable" recibirían unha compensación económica de 241.962 euros.

O acordo estaba previsto que fose asinado polas partes o próximo dia 20 deste mes de setembro, coincidindo coa Festa Castrexa organizada polo concello de San Amaro, pero a proposta aprazada de pago feita pola Xunta non é aceptada polos comuneiros.

Asi o explicou en COPE O Carballiño o presidente da Xunta de Comuneiros, José Modesto Rodríguez.

Aquí podes escoitalo:

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-comuneiros-do-mvmc-da-cidade-en-desacordo-coa-proposta-da-xunta-para-cesion-do-comunal

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-comuneiros-do-mvmc-da-cidade-en-desacordo-coa-proposta-da-xunta-para-cesion-do-comunal [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-comuneiros-do-mvmc-da-cidade-en-desacordo-coa-proposta-da-xunta-para-cesion-do-comunal [3] whatsapp://send?text=Os Comuneiros do MVMC da Cidade, en desacordo coa proposta da Xunta para a cesión do comunal http://copecarballino.es/novas/os-comuneiros-do-mvmc-da-cidade-en-desacordo-coa-proposta-da-xunta-para-cesion-do-comunal [4] http://copecarballino.es/print/69097