Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > DO PSdeG-PSOE sobre a opacidade na Mancomunidade de Concellos do Ribeiro

14, Setembro 2025 [1] [2] [3] [4]

Os portavoces socialistas dos concellos que conforman a Mancomunidade do Ribeiro queremos denunciar a situación de opacidade e hermetismo que se mantén neste ente supramunicipal.

A día de hoxe, a Mancomunidade está integrada unicamente polos alcaldes e concelleiros do PP que gobernan os nosos concellos, sen que exista ningún mecanismo de participación nin representación para os grupos da oposición. Isto tradúcese en que unha institución que manexa recursos públicos e proxectos de interese común para toda a comarca funciona de costas a unha parte importante da cidadanía que tamén está representada democraticamente nos plenos municipais.

Un exemplo claro deste hermetismo son os obradoiros de emprego: programas que deberían servir para ofrecer formación e oportunidades laborais reais á veciñanza, pero que se converten en ferramentas de propaganda, xestionadas sen criterios de transparencia nin participación plural.

Presentados como iniciativas colectivas, en realidade responden a unha lóxica partidista que pouco ten que ver coa igualdade de oportunidades. Cómpre preguntarse cantas das persoas participantes nos obradoiros da Mancomunidade foron escollidas con criterios obxectivos e transparentes, e cantas pola súa afinidade política.

Desde o PSOE reclamamos:

- Que a Mancomunidade do Ribeiro se abra á participación de todos os grupos políticos, garantindo representación das oposicións municipais. - Que se establezan mecanismos claros de transparencia, control e fiscalización de todos os recursos públicos que xestiona.

- Que se poña fin ao uso partidista dun ente que debería estar ao servizo do conxunto da cidadanía do Ribeiro.

A comarca merece un modelo de gobernanza baseado na pluralidade, a democracia e a transparencia, e non unha ferramenta controlada en exclusiva por un só partido

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/do-psdeg-psoe-sobre-opacidade-na-mancomunidade-de-concellos-do-ribeiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psdeg-psoe-sobre-opacidade-na-mancomunidade-de-concellos-do-ribeiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-psdeg-psoe-sobre-opacidade-na-mancomunidade-de-concellos-do-ribeiro [3] whatsapp://send?text=DO PSdeG-PSOE sobre a opacidade na Mancomunidade de Concellos do Ribeiro http://copecarballino.es/denunciacidada/do-psdeg-psoe-sobre-opacidade-na-mancomunidade-de-concellos-do-ribeiro [4] http://copecarballino.es/print/69115