Desenrolado por coroa.es
Os veciños da Avenida do Balneario volvemos alzar a voz este pasado fin de semana nunha xuntanza veciñal na que analizamos as graves deficiencias que afectan á rúa e acordamos novas accións para esixir solucións.
Denunciamos as inundacións levan producíndose dende hai moitos anos, pero a situación empeorou considerablemente tras as obras realizadas nas rúas Brasil e Cuba.
Dende entón, con cada episodio de chuvia, as alcantarillas desbórdanse, as tapas saltan e as augas residuais rematan vertidas na vía pública. O problema non só se limita ás inundacións: tras cada desbordamento, a rúa queda cuberta de restos, toalliñas e residuos que permanecen durante meses sen seren retirados, xerando cheiros insoportables.
Xa no ano 2023, ante o deterioro progresivo da situación, os residentes organizaron unha recollida de sinaturas na que participaron máis de 150 veciños do barrio, co obxectivo de instar ao Concello a intervir de maneira urxente.
Porén, denunciamos que ata a data non se realizou ningunha actuación efectiva. Ante a falta de resposta institucional, os afectados reclamamos unha solución inmediata e advirtimos que, se non somos escoitados, verérmonos obrigados a valorar novas medidas para defender o noso dereito a vivir nun contorno limpo e seguro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/vecinos-da-avenida-do-balneario-esixen-solucions-para-grave-problematica-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/vecinos-da-avenida-do-balneario-esixen-solucions-para-grave-problematica-de
[3] whatsapp://send?text=Veciños da Avenida do Balneario esixen solucións para
[4] http://copecarballino.es/print/69176