Desenrolado por coroa.es


Tiruleque, Grupo de Teatro, porá novamente este sábado dia 1 de novembro ás oito da tarde en escena a comedia "A CONSPIRACIÓN DA PIOLLA" que tivo na súa estrea, o pasado domingo, unnha extraordinaria acollida entre os asistentes, que practicamente encheron o Auditorio Manuel María do Carballliño.
Esta nova representación contará con algúns novos actores interpretando distintos personaxes da obra. Será o primeiro de novembro.
Ao remate da actuación entregarase o Premio Tiruleque, consistente nunha placa conmemorativa á mellor obra da Mostra do 2024, que correspondeu a "SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN" que na pasada mostra correu a cargo da Aula de Teatro da Universidade de Vigo, Campus de Vigo.
Ao acto oficial da entrega espérase a asistencia de dona Susana Reboredo Morilla, Vicerreitora da Extensión Universitaria, as dúas directoras da comedia, dona Casilda García e dona Sonia Rúa, así como sete dos acores e actrices, que tamén acudirán no nome de tódolos seus compañeiros de elenco.
O domingo, 2 de novembro, tamén as oito da tarde, Rebuldeira Teatro achegarase á vila cunha irreverente representación de "@S VELL@S NON DEBEN DE NAMORARSE", como homenaxe aos 75 anos do falecemento de Castelao.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/continua-o-exito-de-publico-na-mostra-de-teatro-afeccionado-organizada-por-tiruleque-que-chega
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/continua-o-exito-de-publico-na-mostra-de-teatro-afeccionado-organizada-por-tiruleque-que-chega
[3] whatsapp://send?text=Continúa o éxito de público na Mostra de Teatro Afeccionado organizada por Tiruleque, que chega con outros dous espectáculos para esta fin de semana http://copecarballino.es/novas/continua-o-exito-de-publico-na-mostra-de-teatro-afeccionado-organizada-por-tiruleque-que-chega
[4] http://copecarballino.es/print/69281