Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Dirección do IES nº 1 desminte que o alumnado do centro teña prohibido o uso do baño durante as clases, tras a polémica na Tertulia de COPE O Carballiño.

31, Outubro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Dirección do IES nº 1 do Carballiño remitíu a esta emisora de radio un comunicado no que sae ao paso dos comentarios feitos na tertulia de COPE O Carballiño, e nos que os participantes mostraban a súa extrañeza despóis de que se aludise á preocupación expresada por nais e pais do centro en relación á prohibición ao alumnado para ir ao baño durante as clases.

Ante os citados comentarios, a Directora do centro manifesta que "non está prohibido o uso dos aseos durante toda a xornada lectiva e non están pechados os aseos", e tamén aclara que "sí hai papel a disposición do alumnado".

Afirma a Directora que "no noso proxecto educativo de centro , entre outros puntos, está regulado o uso dos baños e a súa vixiancia durante toda a xornada lectiva sempre baixo criterios pedagóxicos e racionais, salvaguardando a intimidade e saúde do noso alumnado".

Engade como "todas as normas que atañen ao bo uso das instalacións do centro en xeral e os aseos en particular, son pensadas sempre no beneficio do alumnado e nunca atentando contra os seus dereitos".

"Dende a Dirección nunca se tivo constancia de ningunha queixa a través de ningún órgano colexiado no que teñen representación as familias", asegura.

Finalmente, a máxima responsable do IES Nº 1 mostra a súa confianza "na profesionalidade das tertulias de a Cope O Carballiño" e pide "que se contrastara esta información ou calquera outra referente ao IES Nº1 de O Carballiño coa Dirección do centro e solicitando, neste caso, unha rectificación pública da opinión vertida".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/direccion-do-ies-no-1-desminte-que-o-alumnado-do-centro-tena-prohibido-o-uso-do-bano-durante

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/direccion-do-ies-no-1-desminte-que-o-alumnado-do-centro-tena-prohibido-o-uso-do-bano-durante [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/direccion-do-ies-no-1-desminte-que-o-alumnado-do-centro-tena-prohibido-o-uso-do-bano-durante [3] whatsapp://send?text=A Dirección do IES nº 1 desminte que o alumnado do centro teña prohibido o uso do baño durante as clases, tras a polémica na Tertulia de COPE O Carballiño. http://copecarballino.es/novas/direccion-do-ies-no-1-desminte-que-o-alumnado-do-centro-tena-prohibido-o-uso-do-bano-durante [4] http://copecarballino.es/print/69287