Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Declaración Oficial do Can do Irixo en Resposta ás Acusacións da Mosca Morta

15, Novembro 2025 [1] [2] [3] [4]

Eu, o Can do Irixo, tamén coñecido como Executor Aéreo, Peludo Supremo e A Alarmiña dos Bichos, véxome obrigado a emitir esta declaración tras ler as calumnias escupidas —ou mellor dito, zumbadas— pola mosca finada que, polo visto, dende o máis alá segue a dar por saco.

1. Sobre a suposta “masacre”

Querida mosca defunta, chámalo masacre. Eu chámoo autorregulación ambiental.
Que querías, que che puxera unha alfombra vermella para aterrar na miña orella ás tres da mañá?
O meu territorio é sagrado.
E eu non tolero terrorismo acústico nocturno.

2. Sobre a miña suposta falta de honra

Hai que ter cara, mosca.
Ti, que che alimentabas de migallas, paredes sospeitosas e xanelas manchadas, dicindo que eu non teño honra.
Eu polo menos non ando restregándome por cousas que a miña humana limpa a diario.

Honra?
Eu teño máis honra no rabo ca ti en todo o teu ciclo vital.

3. Sobre a túa morte “humillante”

Mira…
Se querías unha morte épica poderías ter ido ao parabrisas dun coche indo cara Ourense.
Pero non: aterraste na miña casa.
E na miña casa, as leis son claras:
Todo o que zumban, paga.

Non é humillante morrer perseguida por min.
Humillante é o teu legado:
Converterse nunha anécdota ridícula contada por outras moscas aburridas do máis alá.

4. Sobre as túas primas helicóptero

Xa oín falar das túas primas.
As gordas esas que voan coma drones sen batería.
Dilles que veñan.
Dilles que as espero.
Que xa estou facendo estiramentos.
Que xa estou afiado, motivado e con tempo libre.
E que non teño medo.

Que me traian guerra.
Eu póñolles a cama.

5. Sobre o equilibrio ecolóxico

Non sei se no máis alá vos explicaron isto, pero no Irixo o equilibrio ecolóxico non o manteñen as moscas nin as persoas.
O manteño eu.
Eu e só eu.
Porque se non fora por min, esta casa sería agora unha comuna aérea de insectos.

6. Mensaxe final á mosca morta

Descansa en paz, se podes.
E se non podes, mellor.
Cando queiras, mándame outra carta dende o máis alá.
Prometo ignorala, e se volves reencarnada… pois xa sabes como remata isto.

Atentamente,
O Can do Irixo
Patrón dos Pequenos Xenocidios Domésticos
Protector contra seres con ás e mal carácter
E Lexítimo Rei da Cociña

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/declaracion-oficial-do-can-do-irixo-en-resposta-acusacions-da-mosca-morta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/declaracion-oficial-do-can-do-irixo-en-resposta-acusacions-da-mosca-morta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/declaracion-oficial-do-can-do-irixo-en-resposta-acusacions-da-mosca-morta [3] whatsapp://send?text=Declaración Oficial do Can do Irixo en Resposta ás Acusacións da Mosca Morta http://copecarballino.es/denunciacidada/declaracion-oficial-do-can-do-irixo-en-resposta-acusacions-da-mosca-morta [4] http://copecarballino.es/print/69357