Desenrolado por coroa.es


O Concello do Carballiño vén de recepcionar as obras de mellora da drenaxe de augas pluviais no aparcamento do Parque Municipal, unha intervención necesaria para resolver as acumulacións de auga que se producían puntualmente durante episodios de choiva intensa.
A concelleira de Medio Ambiente e Termalismo, Elvira Torres, salienta que “esta actuación permitiu solucionar un problema histórico no estacionamento, gañando en seguridade e comodidade para os veciños, veciñas e visitantes que utilizan este espazo a diario”. A obra foi financiada íntegramente por Augas de Galicia.
A intervención incluíu a mellora da recollida de augas pluviais mediante a construción dunha arqueta de reunión, a instalación dunha nova tubaxe de condución e dun sumidoiro na zona pavimentada, así como a colocación dunha canalización que leva a auga directamente ao río Arenteiro. Todos estes traballos completáronse dentro do prazo previsto.
“Desde o Concello seguimos apostando pola mellora dos servizos públicos e agradecemos a colaboración da cidadanía durante o desenvolvemento das obras”, engadiu Torres.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-completa-obras-de-mellora-da-drenaxe-no-aparcamento-do-parque
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-completa-obras-de-mellora-da-drenaxe-no-aparcamento-do-parque
[3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño completa as obras de mellora da drenaxe no aparcamento do parque http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-completa-obras-de-mellora-da-drenaxe-no-aparcamento-do-parque
[4] http://copecarballino.es/print/69443