Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Centro Comercial Aberta lanza “En Nadal O Carballiño CCA ten premio”, unha campaña de Nadal con 4.000 euros en premios, dinamización comercial e actividades familiares

11, Decembro 2025 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Asociación O Carballiño Centro Comercial Aberto (Carballiño CCA) presentou a súa campaña de Nadal máis ambiciosa ata o de agora: “En Nadal Carballiño CCA ten premio!”, que se desenvolverá do 11 ao 30 de decembro. Trátase dunha iniciativa pensada para dinamizar o comercio local, atraer clientes á vila e ofrecer propostas de ocio, diversión e ilusión para todas as idades durante as festas de Nadal.

Segundo explican desde a directiva do CCA, “esta campaña supón un impulso ao comercio de proximidade nun período clave de consumo; apostamos por accións que combinen promoción comercial, participación cidadá e actividades familiares para encher as rúas e escaparates de maxia e vida”.

Sorteo con 4.000 € en vales de compra

Un dos grandes atractivos da campaña será o sorteo de 4.000 € en vales de compra, repartidos da seguinte maneira:

1 premio de 1.000 € 1 premio de 500 2 premios de 250 €
10 premios de 100 € 20 premios de 50 €

Os clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados ao Carballiño CCA recibirán papeletas de participación por cada compra realiada nos establecementos adherisdos á campaña.

O gran sorteo celebrarase o 30 de decembro ás 21:00 h na Praza Maior, nun acto aberto ao público que estará acompañado dunha gran festa de Nadal con chocolatada para todos os asistentes.

Actividades con Papá Noel e dinamización de rúa
Como parte da programación festiva, Carballiño CCA organizou a visita de Papá Noel, que estacionará o seu tranvía na Pista Roxa o 22 de decembro (11:30–13:30 / 17:00–20:30) e posteriormente na Praza Maior os días 23 (11:30–13:30 / 17:00–20:30) e 24 de decembro (11:30–13:30), para recibir as cartas dos máis pequenos e repartir ilusión e sorpresas.

Ademais, todos os establecementos asociados recibirán un elemento decorativo especial para as súas portas, co que se busca crear un ambiente festivo uniforme por toda a vila e felicitar as festas aos clientes que visiten os comercios locais.

Un Nadal cheo de vida e ilusión

O presidente do Carballiño CCA, Julián Garriga, salientou que “o obxectivo desta campaña é enchernos de actividade, de vida nas rúas e apoiar ao noso comercio local nun momento fundamental, como é o período de Nadal, no que as familias e veciños buscan experiencias e produtos únicos no seu entorno máis próximo”.

Pola súa banda, Noelia Mares, xerente da asociación, engadiu que “deseñamos esta campaña para recoñecer a fidelidade de quen aposta polo consumo local, e tamén para ofrecer propostas de lecer e diversión para as familias, facendo destas datas unhas verdadeiras festas en Carballiño”.
Cofinanciación e colaboración

A campaña conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a colaboración do Concello de O Carballiño e coa implicación dos propios establecementos asociados, que fan posible unha programación diversa e participativa para toda a poboación.

O Carballiño CCA anima a todos os veciños e visitantes a participar, desfrutar das actividades e apoiar o comercio de proximidade, facendo que o Nadal na vila sexa un tempo de encontro, ilusión e consumo responsable.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-centro-comercial-aberta-lanza-en-nadal-o-carballino-cca-ten-premio-unha-campana-de-nadal-con

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-centro-comercial-aberta-lanza-en-nadal-o-carballino-cca-ten-premio-unha-campana-de-nadal-con [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-centro-comercial-aberta-lanza-en-nadal-o-carballino-cca-ten-premio-unha-campana-de-nadal-con [3] whatsapp://send?text=O Centro Comercial Aberta lanza “En Nadal O Carballiño CCA ten premio”, unha campaña de Nadal con 4.000 euros en premios, dinamización comercial e actividades familiares http://copecarballino.es/novas/o-centro-comercial-aberta-lanza-en-nadal-o-carballino-cca-ten-premio-unha-campana-de-nadal-con [4] http://copecarballino.es/print/69468