Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os Reis Magos chegan ao Carballiño entre maxia, lume, acrobacias e un gran espectáculo na Veracruz

4, Xaneiro 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os Reis Magos chegarán este lúns dia 5 de xaneiro a O Carballiño entre maxia, lume, acrobacias e fantasía, nunha posta en escena pensada para sorprender a todos os públicos, pero en particular aos máis cativos.
As súas maxestades chegarán directamente de Oriente ao templo da Veracruz, onde o seu pórtico se transformará no escenario dun espectáculo de acrobacias aéreas. Maxia e lume acompañarán aos reis durante o su percorrido, así como unha ampla proposta de animación na rúa con maniquíes, cabalos inchables e patinadoras.

O Concello do Carballiño anima a grandes e, sobre todo, pequenos e pequenas a disfrutar da proposta artística que acompañará á cabalgata e que foi deseñada en parte pola empresa Especialistas Hípica Celta.

En canto á hora, a cabalgata partirá ás 18.00 horas da Igrexa da Veracruz, desde onde, despois do espectáculo, percorrerá as rúas Conde Vallellano, Principal e volta pola rúa Ribeiro ata o Concello, que será onde reciban á rapazada.

PERCORRIDO: Desde o templo da Veracruz ata o Concello, pasando polas rúas Conde Vallellano, Principal e Ribeiro ata o Concello.

HORA DE INICIO: 18.00 horas, na Veracruz, cun espectáculo aéreo previo ao percorrido.

RECEPCIÓN: Casa do Concello.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-reis-magos-chegan-ao-carballino-entre-maxia-lume-acrobacias-e-un-gran-espectaculo-na

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-reis-magos-chegan-ao-carballino-entre-maxia-lume-acrobacias-e-un-gran-espectaculo-na [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-reis-magos-chegan-ao-carballino-entre-maxia-lume-acrobacias-e-un-gran-espectaculo-na [3] whatsapp://send?text=Os Reis Magos chegan ao Carballiño entre maxia, lume, acrobacias e un gran espectáculo na Veracruz http://copecarballino.es/novas/os-reis-magos-chegan-ao-carballino-entre-maxia-lume-acrobacias-e-un-gran-espectaculo-na [4] http://copecarballino.es/print/69563