Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concello do Carballiño e Xunta avanzan no proxecto de humanización da Praza Maior a través do plan HURBE.

8, Xaneiro 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega Piñeiro, e o primeiro tenente de alcalde Pepe Castro-Gil.

Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense e á que asistiu tamén a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Pilar Fernández León, a conselleira e os responsables municipais abordaron actuacións en materia de infraestruturas e urbanismo, de interese para o municipio.

En concreto, neste encontro abordouse o proxecto de humanización da Praza Maior e a súa contorna, e que convertería a este espazo en peonil tras unha actuación para a que o concello carballiñés precisa un investimento no entorno do millón de euros. A conselleira comprometeuse a apoiar esta obra a través do plan HURBE, destinado a financiar este tipo de acturacións de mellora dos ámbitos urbanos en vilas e núcleos rurais-

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concello-do-carballino-e-xunta-avanzan-no-proxecto-de-humanizacion-da-praza-maior-traves-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-do-carballino-e-xunta-avanzan-no-proxecto-de-humanizacion-da-praza-maior-traves-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-do-carballino-e-xunta-avanzan-no-proxecto-de-humanizacion-da-praza-maior-traves-do [3] whatsapp://send?text=Concello do Carballiño e Xunta avanzan no proxecto de humanización da Praza Maior a través do plan HURBE. http://copecarballino.es/novas/concello-do-carballino-e-xunta-avanzan-no-proxecto-de-humanizacion-da-praza-maior-traves-do [4] http://copecarballino.es/print/69576