Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Escoita aquí a entrevista ao presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, en COPE O Carballiño.

14, Xaneiro 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe o Concello do Carballiño para coñecer de primeira man algúns dos proxectos levados a cabo na vila grazas á colaboración da Deputación de Ourense. Na visita, Menor puxo en valor a aposta deste goberno provincial polo novo modelo de financiamento dos concellos onde demostramos “un marcado carácter municipalista” na nosa xestión.

Con este cambio, O Carballiño pasou de recibir medio millón de euros no anterior mandato a ter garantidos tres millóns de euros neste, afirmando que se trata dunha aposta que “multiplica por seis os recursos que recibe o Concello do Carballiño no período 2023-2027”.

En clave provincial, o presidente da Deputación asegurou que esa aposta polos concellos demóstrase con cifras. Proba dilo é que o Plan CooperOU comezou o mandato cun orzamento de 27 millóns de euros para os concellos da provincia, e agora é de practicamente 90 millóns, é dicir, “multiplicamos por tres o orzamento que destinamos aos municipios”.

Así mesmo, Luis Menor fixo unha valoración do investimento que destina a institución provincial a esta comarca que ascende aos preto de 15 millóns de euros que poden xestionar en cada territorio “con autonomía, priorizando os proxectos que consideren máis importantes, e sabendo con tempo co orzamento que contan para poder sacalos adiante”.

Polo tanto, o presidente da Deputación felicitouse por contar cun modelo de cooperación cos concellos que “naceu para quedarse porque é xusto e incrementa o investimento provincial nos municipios”.

Visita ao pavillón municipal e á casa do peón caminero

A visita ao Carballiño de Luis Menor co tentente de alcalde da vila, José Castro e representantes da corporación municipal, comezou no pavillón municipal “Paco Chao” do Carballiño, onde a través dunha axuda provincial de 108.837 euros puideron levarse a cabo obras diversas obras de mellora nas instalacións, como o arranxo da pista interior e o cambio de vestiarios.

Unhas obras, que como dixo o tenente de alcalde do Carballiño, José Castro, “son necesarias” para poder manter en boas condicións as infraestruturas deportivas do municipio.

Así mesmo, o tenente de alcalde agradeceu a colaboración da Deputación que este ano se materializará cun 527.000 euros a través do Plan CooperOU e que permitirá levar a cabo proxectos de mellora en instalacións deportivas, no rural e en vías do casco urbano, entre outros.

Posteriormente, desprazáronse ata a Casa do Peón Caminero, na estrada do parque carballiñés, onde se están a levar a cabo diversas actuacións como o cambio de tellado, arranxo dos servizos e mellora da aula co obxectivo de instalar alí un obradoiro e desenvolver diversas actividades.

Escoita aquí a entrevista a Luis Menor en COPE O Carballiño:

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/escoita-aqui-entrevista-ao-presidente-da-deputacion-de-ourense-luis-menor-en-cope-o-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/escoita-aqui-entrevista-ao-presidente-da-deputacion-de-ourense-luis-menor-en-cope-o-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/escoita-aqui-entrevista-ao-presidente-da-deputacion-de-ourense-luis-menor-en-cope-o-carballino [3] whatsapp://send?text=Escoita aquí a entrevista ao presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, en COPE O Carballiño. http://copecarballino.es/novas/escoita-aqui-entrevista-ao-presidente-da-deputacion-de-ourense-luis-menor-en-cope-o-carballino [4] http://copecarballino.es/print/69601