Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Concellería de Turismo ultima o programa da XXXI Festa da Cachucha, a celebrar no Carballiño o domingo 22 de febreiro

16, Xaneiro 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello do Carballiño ultima os detalles da Festa da Cachucha, a celebración que congregará na vila a milleiros de persoas para desfrutar do Domingo de Piñata. O domingo 22 de febreiro, O Carballiño acollerá a trixesimo primeira edición da celebración, impulsada desde a Concellería de Turismo para enxalzar a gastronomía e calidade da hostalaría local.

“É unha cita que se está consolidando cunha afluencia cada vez maior e que converte ao Carballiño na gran cita do Domingo de Piñata en toda Galicia”, destaca Manuel Dacal, concelleiro de Turismo.

Nesta liña, o Concello anima á poboación a realizar canto antes as súas reservas nos locais participantes, que se enchen semanas antes da festa. “O ano pasado superáronse as 2.500 reservas, e este ano a previsión é superalas”, asegura o edil. A clientela provén do municipio, pero tamén do resto da provincia e doutras zonas de Galicia.

Os restaurantes incluídos na Festa da Cachucha son preto dunha vintena, como en edicións anteriores, e o prezo do menú oscila entre os 20 e os 40 euros por persoa.
O listado está composto polos restaurantes Derby, Esclavo, Mesón O Noso Lar, Pulpería Carral, O Pituxo, A Maquia, Pulpería O Carballiño, Las Cubanitas, Fuchela, Parrillada San Andrés, Asador Veracruz, Soldado, Parrillada Os Amigos, Patio Bar Ernesto, O Pendello, Casa María, Pulpería Ruzo, Mesón O Arrabaldo e Os Álamos.

Cabe destacar que hai locais carballiñeses que tamén servirán cachucha ese día, pero xa teñen as reservas completas.

Ademais de poñer en valor a gastronomía, a Festa da Cachucha é unha xornada festiva que pon punto e final ao Entroido. Os diferentes restaurantes contarán con animación musical e charangas, e a poboación está convidada a participar cos seus mellores disfraces.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concelleria-de-turismo-ultima-o-programa-da-xxxi-festa-da-cachucha-celebrar-no-carballino-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleria-de-turismo-ultima-o-programa-da-xxxi-festa-da-cachucha-celebrar-no-carballino-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleria-de-turismo-ultima-o-programa-da-xxxi-festa-da-cachucha-celebrar-no-carballino-o [3] whatsapp://send?text=A Concellería de Turismo ultima o programa da XXXI Festa da Cachucha, a celebrar no Carballiño o domingo 22 de febreiro http://copecarballino.es/novas/concelleria-de-turismo-ultima-o-programa-da-xxxi-festa-da-cachucha-celebrar-no-carballino-o [4] http://copecarballino.es/print/69619