Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Asociación da Ruta do Viño do Ribeiro e a Deputación acordan reforzar a promoción dos recursos turísticos da comarca

27, Xaneiro 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial coa presidenta, vicepresidente e co membro da xunta directiva da Asociación da Ruta do Viño do Ribeiro, Mariluz Expósito, Avelino Pazos e Jonatán Pousada, respectivamente, para reforzar a colaboración da institución provincial na promoción do viño da Denominación de Orixe más antiga de Galicia.

Neste sentido, Luis Menor destacou a importancia do sector vitivinícola na provincia de Ourense -con catro das cinco Denominacións de Orixe de Galicia-, e, especialmente, dos recursos enoturísticos do Ribeiro como un dos “principais activos de primeira orde” na nosa provincia.

A colaboración da Deputación con esta Ruta trata de poñer en valor os numerosos recursos asociados á mesma como son a natureza, a historia, o patrimonio e a enogastronomía que están tan “vencellados ao traballo vitivinícola” tan representativo desta comarca, sinalou o presidente provincial.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/asociacion-da-ruta-do-vino-do-ribeiro-e-deputacion-acordan-reforzar-promocion-dos-recursos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/asociacion-da-ruta-do-vino-do-ribeiro-e-deputacion-acordan-reforzar-promocion-dos-recursos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/asociacion-da-ruta-do-vino-do-ribeiro-e-deputacion-acordan-reforzar-promocion-dos-recursos [3] whatsapp://send?text=A Asociación da Ruta do Viño do Ribeiro e a Deputación acordan reforzar a promoción dos recursos turísticos da comarca http://copecarballino.es/novas/asociacion-da-ruta-do-vino-do-ribeiro-e-deputacion-acordan-reforzar-promocion-dos-recursos [4] http://copecarballino.es/print/69662